Conferencias
Charlas sobre prevención de riscos laborais
Ó longo de todo o pasado curso tivo lugar un ciclo de conferencias relacionadas coa prevención de riscos laborais. Algúns dos aspectos tradados neste ciclo foron os seguintes:
- Fundamentos das técnicas de mellora das condicións de traballo
- Ámbito xurídico da prevención
- Técnicas de prevención de riscos laborais
- Outras actuacións en materia de prevención de riscos laborais
- Xestión da prevención e técnicas afíns
A ISO 9001:2008
A Organización Internacional de Normalización (ISO) publicou o pasado 14 de novembro de 2008 a norma ISO 9001:2008, última versión da norma ISO 9001, norma que empregan organizacións de 175 países como marco de referencia para definir Sistemas de Xestión de Calidade (OMS). Nesta conferencia, os asistentes puideron coñecer as incorporacións respecto á última norma editada e os efectos que poden ocasionar.
O Plan Bolonia
Nesta conferencia explicouse en qué consiste a Declaración de Bolonia, os pasos a seguir e cómo afectará á educación nos diferentes países europeos.












