Nova estructuración da plataforma online
Desde campusfesan continuamos na posta a punto para o novo curso que comezará no mes de outubro. Para elo estamos a ultimar as novas ferramentas da nosa plataforma online para que sexan todavía moito máis interactivas.
O obxectivo é dotar ós alumnos do I Master en Dirección e Xestión de Centros de Atención á Infancia de unha plataforma o máis didáctica e útil posible, con unhas ferramentas adecuadas ás necesidades que se van a presentar durante o curso.
De esta forma, a ferramenta online está planteada para ser un complemento ideal ás clases presenciais. En ela poderase estar en un contacto continuo con cada profesor e tamén co tutor de cada alumno ademáis de poder ir preparando os casos do curso.
En definitiva, preténdese que sirva para a preparación das clases presenciais e non como un mero elemento teórico a maiores. Non está pensada polo tanto únicamente para a asimilación e lectura de contidos, senón para o seu traballo e a posterior participación nas clases presenciais.
Entendemos que aunque unha parte importante do curso será online esto non pode perxudicar o trato persoal cos alumnos e para eso seguimos deseñando un sistema que sexa o máis interactivo posible, o máis completo e o máis útil para cada un dos nosos alumnos.












