Inicio do Master en Xestión de Proxectos Europeos
O pasado sábado día 4 comezou a conta atrás para o Master Internacional en Xestiónd e Proxectos Europeos. Na presentación do curso, o equipo técnico e docente deron detallesdeste novo curso.
A partir do próximo 16 de outubre, e durante o curso académico 2009-2010, organízase en Santiago de Compostela, a primeira edición do Máster Internacional en Xestión de Proxectos Europeos. Este Máster será impartido pola prestixiosa Universidade de Ciencias Empresariais e Administración de Lublín (College of Enterprise and Administration, WSPA), de Polonia.
A figura do xestor de proxectos europeos surxiu de xeito paralelo ó desenvolvemento da propia Unión Europea, e xorde pola necesidade de canalizar os fondos europeos en determinadas actividades económicas e sociais a través, precisamente, da elaboración de proxectos financiados dende Bruselas.
Así, ante a solicitude por parte de consultoras e determinadas entidades públicas e privadas de atopar personal formado na xestión de ditos fondos, creouse este Máster que conta xa co apoio de diversas institucións.
A WSPA, principal universidade privdada de Polonia (país hacia o cal están a ser dirixidos unha cantidade importante destes fondos) mostrouse moi interesada na formación nesta materia. Por eso, un dos atractivos do Máster é a posibilidade de realizar prácticas de xestión de proxectos en Polonia.
O curso está dirixido especialmente hacia personas que traballas ou que se queren especializar na xestión de proxectos europeos; nembargantes, o Máster está aberto a todos os titulados universitarios.












