Menú Secundario

Saltar o menú secundario

Ligazóns interesantes

Saltar as Ligazóns interesantes

Encóntrase en:

  1. Inicio
  2. Masters
  3. Master Proxectos Europeos
  4. Metodoloxía

Master Internacional en Xestión de Proxectos Europeos

Metodoloxía

O modelo a seguir combina clases presenciais con metodología de traballo en liña. As clases presenciais están deseñadas para aproveitar ó máximo a sua participación por parte do alumno. O alumno disporá dun orden do día previo a tratar en cada unha das clases para que as vaia traballando previamente a través do material suministrado na plataforma de teleformación. Deste xeito nas clases se profundizará en aspectos tratados previamente polo alumno facilitando a participación e a exposición de dúbidas. Nestas clases tamén se realizarán exercizos, exposicións teóricas, traballos en grupo, etc. de xeito que se poidan adquirir coñecementos prácticos específicos relacionados coa elaboración de proxectos.

Está programada a realización de varios casos prácticos complexos para reflexar os aspectos principais de cada un dos módulos. Se ben eses casos se comentarán na clase, tamén o alumno debe traballalos pola sua conta á hora de poder aportar o seu punto de vista no aula.

Unha vez finalizado o apartado de cada módulo haberá un exame a superar que consistirá nun caso concreto que sirva para amosar os coñecementos adquiridos polo alumno.

Unha vez superados todos os módulos con éxito, o alumno poderá elexir entre realizar prácticas en empresas ou un proxecto final. No caso de realizar prácticas, e unha vez finalizadas éstas, o alumno deberá presentar un informe final que resuma as actividades realizadas en dita empresa ou entidade. Se o alumno opta pola realización dun proxecto, deberá presentalo ó seu titor para que sexa valorado polo equipo docente.

Ó longo do curso realizaranse actividades complementarias de libre asistencia por parte do alumno, como seminarios, actos académicos, que servirán para complementar a formación e as experiencias adquiridas.

A valoración final do curso terá carácter global, utilizando para ela os méritos académicos obtidos polo alumno en cada unha das probas realizadas, sempre baixo o criterio do equipo docente e titor.