Master Internacional en Xestión de Proxectos Europeos
Introdución
A Universidade de Administración e Negocios de Lublin (College of Enterprise and Administration, WSPA) elexiu en España a FESAN como colaboradora na elaboración, impartición e coordinación de cursos de postgrao pola súa relación directa co mundo empresarial e, consecuentemente, coa inserción laboral.
Por este motivo firmouse un acordo para a realización de cursos de postgrao en España que estean relacionados con aqueles ámbitos dentro da actuación de FESAN que presenten unha maior perspectiva de capacitación e de inserción laboral. Dentro deste ámbito enmárcase la realización conxunta de proxectos europeos. É por eso que queremos contar cun equipo coa suficiente experiencia e tamén coa colaboración conxunta de centros formativos de distintos países europeos para proporcionar unha visión máis global e práctica da elaboración e execución de proxectos europeos.
Este é o motivo principal polo que queremos pór en marcha o Master Internacional en Xestión de Proxectos Europeos.












