Master Europeo en Dirección e Xestión de Centros de Atención á Infancia
Obxectivos
O noso principal obxectivo é transmitir unha serie de competencias necesarias para a asunción de responsabilidades no marco dun centro educativo. Por eso entendemos a formación como un proceso que vai máis alá da simple aglomeración de coñecementos e que pretende desenvolver habilidades que permitan afrontar e superar outros retos ademáis dos específicos dun determinado posto de traballo.
- Adquirir unha visión integral das funcións a desenvolver por un director dun centro de atención á infancia.
- Proporcionar coñecementos e competencias necesarias para a toma de decisións do día a día no marco da xestión de centros educativos.
- Desenvolver habilidades interpersonais precisas para dirixir eficazmente equipos de traballo.
- Aprender a utilizar ferramentas de xestión para solucionar problemas específicos dos distintos ámbitos de actuación dun directivo.
- Adquirir, a través do estudo de casos prácticos concretos, de capacidade de análise necesaria para avaliar os problemas derivados da xestión e establecer as liñas de actuación presentes e futuras.
- Planificar un proxecto educativo e un sistema de xestión axeitado ás características do entorno empresarial.












