Master Europeo en Dirección e Xestión de Centros de Atención á Infancia
Metodoloxía
O modelo a seguir combina clases presenciais con metodoloxía de traballo en liña. As clases presenciais están deseñadas para aproveitar ó máximo a súa participación por parte do alumno. O alumno disporá dun orde do día previo a tratar en cada unha das clases para que as vaia traballando previamente a través do material suministrado na plataforma en liña. Deste xeito, nas clases profundizarase en aspectos tratados previamente polo alumno, facilitando a participación e a exposición de dúbidas. Nestas clases realizaranse exercizos, exposicións teóricas, traballos en grupo, etc.
Está programada a realización de varios casos prácticos complexos para reflexar os aspectos principais de cada un dos módulos. Se ben eses casos comentaranse na clase, tamén o alumno debe traballalos pola súa conta á hora de poder aportar o seu punto de vista no aula.
Unha vez finalizado o apartado de cada módulo haberá un exame a superar que consistirá nun caso concreto que sirva para demostrar os coñecementos adquiridos polo alumno.
Unha vez superado todos os módulos con éxito, o alumno comezará as prácticas en empresas. Unha vez finalizadas éstas deberá presentar un proxecto final, realizado baixo a supervisión do titor, e defendelo con éxito.
Ó longo do curso realizaranse actividades complementarias de libre asistencia por parte do alumno, como seminarios, actos académicos, que servirán para complementar a formación e as experiencias adquiridas.
A valoración final do curso terá carácter global, utilizando para ela os méritos académicos obtidos polo alumno en cada unha das probas realizadas, sempre baixo o criterio do equipo docente e titor.












