Master Europeo en Dirección e Xestión de Centros de Atención á Infancia
Contidos
Xestión empresarial
Neste ámbito analizaranse as distintas áreas que engloban a xestión empresarial e que, polo tanto sintetizan a función do directivo.
A xestión empresarial é o marco onde se realizarán unha serie de actividades encamiñadas á prestación dun servizo de calidade e, en definitiva, á creación de valor.
Así, ainda que a división deste ámbito en varias áreas sirva para realizar unha análise pormenorizada destes factores, non se debe perder de vista a relación integradora de todos eles, función principal do elemento directivo.
Dirección estratéxica
As compañías de hoxe en día enfróntase máis que nunca ó reto de asimilar fortes e continuos cambios, non só no entorno, senón tamén sociais, tecnolóxicos, lexislativos, etc. É necesario entón, tomar decisións dentro do ámbito empresarial para poder adaptarse a estes cambios e asegurar a súa supervivencia no mercado. Nesto consiste a dirección estratéxica, en desenvolver todas as potencialidades dunha empresa para asegurar o seu crecemento e supervivencia a longo prazo.
Análise contable e financieiro
Proporcionaremos a base e os coñecementos necesarios para que os participantes poidan interpretar os datos financieiros dunha empresa e dominar a terminoloxía necesaria que lles permita realizar sin problemas unha axeitada labor de xestión.
Dirección comercial
A dirección comercial é considerada hoxe en día coma un dos principais departamentos da empresa, pois a través da súa labor se pode dotar de recursos ó resto dos departamentos e a súa actividade é a meirande parte das veces a que está máis directamente relacionada co beneficio empresarial. A súa xestión, que debe alcanzar todo o proceso de venta, determinará a competitividade da empresa no mercado actual e tamén no futuro.
Contabilidade analítica e de gestión
De xeito complementario ós datos proporcionados pola contabilidade financieira, a contabilidade analítica e de xestión céntrase no estudo das operacións internas da empresa, destacando as relativas a procesos productivos, valoración de productos, análise de desviacións, así como todo o relativo ó control orzamentario das diferentes áreas funcionais da empresa.
Dirección de equipos
Este ámbito céntrase na adquisición das competencias necesarias para a dirección de equipos de traballo. Céntrase polo tanto en acadar unha serie de habilidades que fomenten o liderazgo, a asunción de responsabilidades e a toma de decisións.
O factor humano é un dos principais activos dunha empresa que condicionará en gran medida a súa capacidade de crecemento e a súa estabilidade nun futuro.
En definitiva, trátase de formar ao futuro directivo para asumir riscos e retos, afrontar problemas e adaptarse continuamente ó cambio.
Habilidades directivas
Nos referimos neste apartado ás competencias necesarias para asumir e levar a cabo con éxito a dirección empresarial. Estas habilidades directivas abarcarán competencias como o liderazgo, o traballo en equipo, a motivación, a comunicación, trato interpersonal, etc. Como a súa adquisición no se basa no simple coñecemento das mesmas, se desenvolverçan programas e técnicas específicas que permitan a súa asimilación por parte do alumnado.
Planificación e selección de personal
Hoxe en día existe un amplo consenso en dotar ó factor humano dunha supremación sobre o resto de factores que forman a empresa. Nembargantes, poucas empresas o poñen en práctica debido moitas veces á falta de coñecemento de que este recurso se convirta nunha ventaxa competitiva que asegure a supervivencia e o crecemento da empresa nun futuro. Por eso, queremos prestarle especial atención dentro dos contidos deste Master, analizando aspectos como o análise e o deseño dos postos de traballo ou a política de búsqueda de selección de personal.
Relacións laborais
Un apartado esencial na formación do directivo é o relativo ás relacións laborais, dereitos e deberes existentes cos seus empregados. Neste apartado se formará para adquirir os coñecementos teóricos e prácticos necesarios que permitan dominar ó área laboral.
Política e lexislación
Dentro deste ámbito se profundizará naquelas materias lexislativas relacionadas co ámbito de xestión dun centro educativo.
Para o seu mellor coñecemento, estudiaranse brevemente as políticas que motivaron a actual situación lexislativas e, unha vez coñecidas, analizaranse situacións concreatas a través do método do caso.Dentro de este ámbito se profundizará en aquellas materias legislativas relacionadas con el ámbito de gestión de un centro educativo.
Principios de ordenación do sistema educativo
Da man dos principios establecidos na Constitución relativos á ensinanza, iremos analizando como estes se estructuran na lexislación posterior co obxectivo de proporcionar ós alumnos os coñecementos lexislativos necesarios relacionados co área educativa.
Estructura curricular da educación infantil
A estrutura curricular recolle os distintos aspectos que se deben impartir nos centros educativos. O coñecemento destes aspectos por parte do directivo influirán no deseño e execución do proxecto educativo do centro como na xestión do mesmo, á hora de proporcionar ferramentas pedagóxicas axeitadas que permitan unha mellor asimilación destes contidos.
Análise da función docente
Outro aspecto esencial a estudiar dentro do ámbito lexislativo o constitúe unha análise pormenorizada da función docente. Trátase, en definitiva, de facilitar ós nosos alumnos os coñecementos necesarios relativos á labor a desempeñar polo equipo docento no marco do noso sistema edxucativo.
Dereitos e deberes na comunidade educativa
Neste apartado pasarase a estudiar con profundidade os dereitos e deberes de todos os factores e elementos que integran a comunidade educativa. Parécenos axeitado o seu estudo ó concebir a labor do directivo como coordinador das distintas funcións que se deben desenvolver no centro, e máis cando esta coordinación suporá a asignación de tarefas e responsabilidades ós diferentes elementos que conforman a comunidade educativa.
Avaliación e inspección educativa
Estudo dos principais aspectos relacionados cos mecanismos de inspección e de avaliación establecidos para asegurar o axeitado funcionamento dos centros educativos. O coñecemento destes mecanismos servirá para facer de xeito complementario unha análise interna que permita coñecer o grao de cumplimento dos obxectivos establecidos e o establecemento de accións de mellora continua.
Proxecto educativo
Este ámbito constitúe a parte central do curso en el nos adicaremos a estudiar sobre o proxecto educativo do centro e as metodoloxías e ferramentas pedagóxicas a desempeñar para proporcionar unha formación axeitada relacionada coas necesidades específicas que presenten os alumnos.
Este coñecemento técnico é imprescindible para acadar a coordinación etnre of actor humano e xerencial da empresa, pois determina moitas veces o obxectivo e a misión diferencial da mesma.
Proxecto educativo do centro
Ademáis de describir en qué consiste o P.E.C., a súa finalidade, a súa relación coa dirección estratéxica da empresa e os seus elementos, analizaremos a través de casos prácticos, as distintas fases de elaboración do mesmo e a súa relación co deseño curricular base e os mecanismos existentes para a súa aprobación.
Proxecto curricular do centro
O establecemento da estrutura curricular levaranos a determinar o proxecto curricular do centro. A determinación dos contidos e os elementos que o forman, os principios e a finalidade que constitúen os mesmos, serán algúns dos aspectos a analizar e a integrar dentro das labores administrativas e xerenciais do directivo.
Recursos pedagóxicos e metodoloxía didáctica
Se ben a labor do directivo pode parecer lonxana á función docente, a mesma coordinación do profesorado, obrígalle a adquirir determinados coñecementos sobre recursos pedagóxicos e metodoloxía didáctica, convertíndose en moitos casos nun elemento que supón unha ventaxa competitiva.
Tendencias educativas na educación infantil
O coñecemento de cómo se está a desenvolver a educación infantil noutros países, de novos recursos empregados ou ferramentas que favorezan a participación no entorno educativo, servirán para proporcionar unha ensinanza vangardista e de calidade e tamén unha diferenciación no mercado.
Competencias e coñecementos transversais
Aparta dos catro ámbitos descritos anteriormente, existe un módulo de competencias e coñecementos transversais que apoia e complementa as competencias adquiridas en cada un deses ámbitos. Así, o estudo dos procesos de calidade, o manexo das tecnoloxías da información e do coñecemento ou a responsabilidade social corporativa son, entre outros, aspectos que iremos vendo ó londo do Master co obxectivo de proporcionar unha formación completa e útil para a labor do directivo.
Programa de desenvolvemento da marca persoal (personal branding)
As características do mercado empresarial (globalización, dinamismo, competitividade, etc.) fan que sexa necesaria a adquisición de ventaxas competitivas que diferencien os nosos productos ou servizos do resto de competidores. Estas características do mercado empresarial pódense levar tamén ó mercado laboral, onde existe unha oferta homoxénea e onde é necesario elaborar distintas actuacións propias dun departamento de marketing que nos permitan sobresalir, diferenciarnos e, en definitiva, facernos visibles neste entorno.
Nesto consiste a “marca persoal”. Para a creación desta marca, os alumnos seguirán un itinerario práctico e específico deseñado polo equipo docente e contará co asesoramento dun coach (ou titor)9 que se encargará de acompañar e aconsellar ó alumno durante todo este proceso e a súa posterior incorporación laboral.
Programa de adquisición de competencias en inglés
Coa apertura dos mercados é indispensable o coñecemento e a utilización de diversas linguas. Para eso, queremos cumprimentar aformación en inglés adquirida en materias transversais, cun título de recoñecemento oficial (Cambridge, TOEFL, etc.) proporcionando o importe da matrícula ós alumnos e facilitando os medios para a superación destes estudos con éxito.
Carné de alumno FESAN
A matriculación no Master otorgará ó alumno o carné FESAN co que se terán os seguintes servizos:
- Facilidades na financiación de masters
- Descontos en cursos, programas e actividades
- Posibilidade de utilización da biblioteca
- Participación de balde nunha serie de conferencias organizadas de xeito paralelo ó curso.
- Posicionamento preferencial na blosa de traballo FESAN.
Visita á WSPA
Dentro do programa do curso está planificada unha visita a la WSPA, universidade privada máis prestixiosa de Polonia, ubicada en Lublin. Nesta visita, os alumnos serán recibidos polo reitor que se encargará de facilitarlles unha visita guiada ás instalacións da Universidade e á cidade de Lublín, e tamén participarán en distintas actividades académicas da Universidade. A dirección do Master facilitará ós alumnos transporte, aloxamento e comidas durante este periodo.












