Master Europeo en Dirección e Xestión de Centros de Atención á Infancia
Introdución
O I Master europeo en dirección e xestión de centros de atención á infancia nace co obxectivo de formar futuros profesionais da educación infantil. Para elo fomos deseñando coidadosamente un programa que abarca elementos multidisciplinarios que van dende a gestión empresarial ata outros elementos máis relacionados co área da ensinanza.
Ante o reto que supón enlazar elementos tan diversos dentro dun mesmo programa sen perder de vista a unidade e a practicidade do mesmo, buscamos as sinerxias entre esas distintas áreas que por ser heteroxéneas, non deixan de estar baixo o ámbito da actuación do directivo ou administrador de centros educativos.
Este programa asentarase sobre unha metodoloxía didáctica e de traballo impulsada por un cadro docente con amplia experiencia no sector e con gran capacidade comunicativa. A este equipo de docentes hai que engadirlle outros equipos como o administrativo, o de xestión, o de mantemento e deseño informático ou o de dinamización que aportan o seu coñecemento e a sua experiencia para prestar un servizo de calidade ó alumnado.
Finalmente, o último pilar e o máis importante sobre o que se vai asentar o Master é sobre o alumno. Por elo, a través dos procesos previos de selección, queremos ter un grupo rico e heteroxéneo que axude a crear un ambiente idóneo que esixa ó profesorado e fomente á participación, o aprendizaxe e a adquisición de novas competencias tanto no alumnado como no propio equipo docente.












