Este master nace co obxectivo de formar futuros profesionais da educación infantil. Para elo fomos deseñando coidadosamente un programa que abarca elementos multidisciplinarios que van dende a gestión empresarial ata outros elementos máis relacionados co área da ensinanza.
Masters
Máis de 25.000 persoas formadas nos últimos 10 anos.
Máis de 100 profesionais centrados no teu éxito profesional.
Bolsa de traballo interactiva e permanentemente actualizada.
Equipo docente formado por profesionais de contrastado prestixio.
Seguimento e asesoramento persoalizado despois dos estudios.
Master Europeo en Dirección e Xestión de Centros de Atención á Infancia
Master Internacional en Xestión de Proxectos Europeos
A finalidade deste master non se centra na simple elaboración de proxectos, senón na asimilación dunha estrutura e unhas políticas que desembocan na realización dunhas actuacións concretas. Entendemos que solamente a partir deste coñecemento previo se poderán elaborar proxectos de calidade que beneficien o desenvolvemento económico e social da Europa do século XXI.
Master I+D+I
O escenario da globalización da economía está a producir importantes cambios no tecido produtivo e empresarial. Ditos cambios non nos van permitir os altos niveis de competitividade por unha parte, e de benestar social por outra, que mantivemos ata a actualidade. Neste novo escenario podemos ver aquelas ferramentas que se consideraban válidas para converter ás nosas empresas en organizacións eficientes comezan a perder eficacia. Faise preciso, polo tanto, innovar, innovar e continuamente innovar.












