Menú Secundario

Saltar o menú secundario

Ligazóns interesantes

Saltar as Ligazóns interesantes

Encóntrase en:

  1. Inicio
  2. Campus
  3. WSPA

WSPA

WSPAThe College of Enterprise and Administration in Lublin (Escola Superior de Ciencias Empresariais e Administración de Lublin) é unha universidade privada fundada en 1998 co obxectivo de potenciar a formación, avaliación e selección dun equipo profesional cualificado para potenciar a inserción laboral, o desenvolvemento de iniciativas sociais e a activación das zonas rurais.

Actualmente a Universidade conta cun profesorado que engloba a máis de 300 persoas entre doutores, conferenciantes, profesores adxuntos, lectores e instructores. Aparte do equipo docente conta cun importante equipo administrativo, creando un marco universitario atractivo para o estudiantado polaco.

WSPAA oferta formativa da Universidade inclúe las carreiras de Administración e Dirección de Empresas, Xornalismo, Socioloxía, Asuntos exteriores, Xestión de Negocios, Informática e Transporte. Ademáis ten estudos de postgrado en 25 especialidades e desenvolve exámenes de inglés coa colaboración de London Chamber of Commerce and Industry e de alemán con Deutsch Im Beruf.

É centro rexional acreditado para exames ETS (Exámenes TOEIC, Test of English for International Communication) ademáis de exames para a auditoría interior (BVQI), ECDL (Carné Informático Europeo), etc.

Por estes motivos é considerada a primeira universidade privada de Polonia e unha das principais entre os países do este de Europa.