Manuel Vázquez Sesmonde
Departamento de proxectos europeos
- Licenciado en Dereito, USC.
- Máster Universitario de Unión Europea, UNED.
- Máster en Xestión Ambiental e Desenvolvemento Sostible, Universidad de Valencia.
Breve biografía
Manuel Vázques é docente do Departamento de Xestión de Proxectos Europeos. Actualmente a súa actividade profesional na Deputación Provincial de A Coruña na que é Xefe do Servicio de Planificación, Desenvolvemento Territorial e Director do centro oficial de información Europe Direct A Coruña dende decembro de 2002.
Entre as suas responsabilidades atópanse as de coordinar os proxectos europeos que se están a executar no departamento (Rede Xiana, Parnet-tic, Dorna, Ancorim, entre outros), ocupando un lugar destacado os financiados con cargo ao Fondo Social Europeo. Promove proxectos de reactivación local, exercendo a secretaría do Plan Estratéxico Provincial. Coordina as actividades de apoio ós centros galegos no exterior e as relativas á axuda ó desenvolvemento.
Foi membro da Rede Técnica da FEMP e da Rede Euro promovida polo Banco de España.
Desempeñou tarefas como avogado e consultor empresarial para Setec Consulting SL e CIF Asesores SL.












