Menú Secundario

Saltar o menú secundario

Ligazóns interesantes

Saltar as Ligazóns interesantes

Encóntrase en:

  1. Inicio
  2. Campus
  3. Coñece Fesan
  4. Institutos

Institutos

Co obxectivo de proporcionar un mellor servizo ás necesidades detectadas en materia formativa e de xestión relacionadas con determinadas áreas ou colectivos, se foron creando, dentro da estructura de FESAN, unha serie de institutos encargados máis directamente da súa atención. Así, distinguimos:

  • Instituto de novas tecnoloxías (INT): este instituto nace en xullo de 2002 co obxectivo de formar profesionais expertos no sector das novas tecnoloxías para atender así a demanda de oportunidades rexistradas no mercado laboral, así como para ofrecer unha exhaustiva formación técnica neste mesmo ámbito.
  • Instituto Galego de Atención ó Maior (IGAM): creado en 2003 dentro da estructura de FESAN para satisfacer unha serie de necesidades que se resumen na prestación de servizos de atención especializada á terceira idade co obxectivo de alcanzar o maior nivel de benestar posible dos maiores así como a súa autonomía e integración social.
  • Instituto de Estudios Sociolóxicos (IES): este instituto é constitutido co obxecto de estimular e fomentar o estudio e a discusión e de promover propostas para unha mellor comprensión da realidade humana en todas as súas dimensións.
  • Instituto de Formación Extraescolar de Galicia (IFEGA): creado para proporcionar servizos de formación e asesoramento extraescolar ós centros formativos da comunidade galega.