Menú Secundario

Saltar o menú secundario

Ligazóns interesantes

Saltar as Ligazóns interesantes

Encóntrase en:

  1. Inicio
  2. Campus
  3. Coñece Fesan
  4. Historia

Historia

Dende a súa creación, en 1997, FESAN foi aunando os esforzos de máis de 150 traballadores para a prestación de servizos formativos e de xestión.

Xa dende o seu inicio, a formación foise orientando hacia sectores en expansión e congrandes oportunidades de emprego: o coidado e atención ás persoas maiores e á infancia. Este interese formativo derivou máis tarde na creación e xestión de varias residencias e de centros de atención á infancia.

A esta especialización por áreas de interese, sumouse a diferenciación por colectivos demandantes de formación. Deste xeito, creouse un centro de formación profesional, un departamento de formación ocupacional e outro dirixido ó mundo empresarial.

Un lugar destacado o ocupa a formación a estudiantes en últimos cursos de carreira pois neles se centran moitas das nosas espectativas de inserción laboral. Por iso, froito do continuo contacto mantido co mundo empresarial (a través da formación impartida e a xestión de numerosos servizos) víamos necesaria a colaboración directa con universidades que ampliaran e complementaran a formación recibida. Esto viuse reforzado coa aparición do Espazo Europeo de Educación Superior, así, mediante a realización de convenios estratéxicos con distintas universidades europeas, pretendemos aportar unha formación ligada ás necesidades empresariais e que transmita todo o saber e o bagaxe humano e social do mundo universitario.