Menú Secundario

Saltar o menú secundario

Ligazóns interesantes

Saltar as Ligazóns interesantes

Encóntrase en:

  1. Inicio
  2. Campus
  3. Coñece Fesan

Coñece Fesan

A Fundación de Estudios e Análises (FESAN) nace en 1997 co obxectivo de proporcionar formación a través da cal se poida acadar a inserción laboral e o aumento da capacitación dos traballadores e traballadoras da nosa comunidade.

Así, foi clasificada como benéfico-docente e adscrita á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e de interese galego pola mesma consellería. Dez anos despois da súa constitución impartiu formación a máis de 50.000 persoas e empresas creando máis de 800 postos de traballo.

Un dos seus obxectivos principais é achegar o mundo empresarial á formación, para que sexa eminentemente práctica e acorde ás necesidades do mercado laboral. Este achegamento favorece a inserción profesional pero non é ni moito menos o noso único ni principal obxectivo. Esto é así porque entendemos que toda formación de calidade contribúe ó desenvolvemento persoal e comunitario, enriquecendo a cada participante pero tamén a toda a sociedade.